A Reserva da Biosfera Terras do Miño colabora co voluntariado ambiental na organización dunha recollida de residuos na Tolda en Lugo

A Reserva da Biosfera Terras do Miño colabora co voluntariado ambiental xunto con outros colectivos ecoloxistas na organización dunha actividade de recollida de residuos e dun obradoiro didáctico de pegadas e rastros de basuraleza en entornos naturais.

Esta actividade de sensibilización medioambiental terá lugar no parque da Tolda de Lugo mañá, das 16:00 ás 20:00 horas,da man da Asociación Corripa, dentro do Proxecto LIBERA de SEO/BirdLife, en alianza con Ecoembese do novo movemento cidadán Coidemos Lugo, co fin de concienciar á sociedade no coidado da natureza e de mobilizar a cidadanía para manter os espazos naturais libres de lixo e protexer a biodiversidade.

Para manter o protocolo de seguridade de prevención da Covid-19, o número máximo de participantes limítase a 18 persoas, que disporán dun seguro de voluntariado e equipos de protección individual.


This site is registered on wpml.org as a development site.