Rexistrado nas Insuas do Miño o morcego máis grande atopado en Galicia



Como propietaria das Insuas do Miño, a Deputación de Lugo financia os traballos de estudo e seguimento do nóctulo grande que leva desenvolvendo dende o ano 2015 Morcegos de Galicia, en colaboración coa Asociación Galega de Custodia do Territorio, no marco do acordo que a institución provincial mantén con esta última entidade asociativa para o coidado e xestión do espazo público natural, pertencente á Reserva da Biosfera Terras do Miño.

Froito deste proxecto de estudo e seguimento, vénse de rexistrar nas Insuas do Miño o morcego máis grande atopado en Galicia. Trátase dunha femia de nóctulo grande (Nyctalus lasiopterus), unha especie migradora que posúe o récord de distancia de migración para un morcego en Europa.

O achado tivo lugar nunha visita dun grupo de escolares de 5º de Primaria do colexio Andaina da Coruña, que visitaron as Insuas do Miño para coñecer e participar no proxecto de Morcegos de Galicia e a Asociación Galega de Custodia do Territorio, que se desenvolve na rede de caixas refuxio instaladas nesta contorna dende o 2008.


This site is registered on wpml.org as a development site.