A Deputación acolle a presentación dun novo número da revista de micoloxía Micolucus



O Salón de Actos da Deputación de Lugo acolleu este mércores a presentación do número 6 da revista Micolucus, unha publicación anual especializada en micoloxía. O Deputado de Medio Ambiente, José Luis Raposo, presentou o acto e agradeceu a labor divulgativa da Sociedade de Micoloxía Lucus. O Presidente da entidade, Julián Alonso, explicou que este número afonda entre outras cousas no coñecemento da biodiversidade dos fungos de Lugo e Galicia.
Esta publicación inclúe, entre outros, un artigo da Reserva da Biosfera Terras do Miño titulado «Os caballos salvaxes da Serra do Xistral: un sistema de aproveitamento tradicional» e outro da Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses, titulado «A Vía Romana XIX polos Ancares».


This site is registered on wpml.org as a development site.