A Deputación reforza a sinalización dos Ancares Lucenses e Terras do Miño con 60.000 euros



– A Xunta de Goberno aprobará mañá un novo plan de sinalización nas Reservas da Biosfera logo de que a Deputación de Lugo se convertese en 1 das 4 administracións de España que acada fondos do Organismo Autónomo Parques Nacionais.

– O Goberno Central, que xestiona este organismo, recortou nun 95% a súa achega, pois só concedeu 50.000 euros cando o anterior Executivo outorgou máis de 1 millón de euros.

– Presidencia da Deputación xa situou máis de 80 sinais en puntos de accesos e zonas naturais dos Ancares Lucenses e Terras do Miño, cumprindo cos requisitos do MaB A Xunta de Goberno aprobará mañá un novo plan de sinalización para Terras do Miño e Os Ancares Lucenses, dotado de 60.000 euros. Faino logo de que a Deputación de Lugo se convertese en 1 das 4 administracións de
España que xestionan Reserva da Biosfera que acada fondos do Organismo Autónomo Parques Nacionais (OAPN). Foron 45 as administracións que optaron as axudas deste organismo do Ministerio de Medio Ambiente.

Son 50.000 euros os que achega o Ministerio, orzamento que o actual Goberno Central recortou nun 95%, pois o anterior Executivo Estatal concedeu un total de 1.175.000 euros na convocatoria previa a esta. A Deputación achega 10.000 euros de fondos propios.

O organismo provincial reforza con estes 60.000 euros a sinalización das Reservas da Biosfera, posto que xa situou máis de 80 sinais en vías de accesos e puntos naturais dos 29 Concellos que integran Terras do Miño e Os Ancares Lucenses. Fíxoo cos citados fondos concedidos polo anterior
Goberno Central.

Con estas actuacións, o organismo provincial cumpre cos requisitos do Programa Internacional sobre Persoa e Biosfera (MaB), cuxo obxectivo é dinamizar a económica da zona e mellorar a calidade de vida dos habitantes das Reservas, posto que a súa riqueza natural é un dos maiores motores produtivos. “Unha axeitada sinalización, que aporte información sobre o patrimonio natural e cultural, é un factor clave para por en valor as Reservas da Biosfera, e así darlle visibilidade a zona, fomentando o turismo”, sostén o MaB.


This site is registered on wpml.org as a development site.