O Vicepresidente e Deputado de Medio Ambiente, Argelio Fernández Queipo, presentou as 18 actividades ambientais programadas para os meses de abril, maio e xuño nas dúas Reservas da Biosfera. Fernández Queipo avanzou que “xa está aberto o prazo de inscrición para todas aquelas persoas que estean interesadas en participar nalgunha das actividades ofertadas”. Hai en total 565 prazas, das que 455 se distribúen entre os 12 cursos que se celebrarán no Centro de Interpretación Terras do Miño, e 110 para as 6 actividades que terán lugar nos distintos concellos da Reserva da Biosfera Ancares Lucenses e Montes de Navia de Suarna, Cervantes e Becerreá.
A programación está dividida en varios grupos segundo as distintas idades dos participantes: actividades para familias, para o público infantil e para adultos. Cursos de enxerto, de coidado das plantas, ou micoloxía son algunhas das propostas que se desenvolverán nos vindeiros meses. Haberá tamén varios campamentos infantís entre as actividades destinadas aos máis pequenos.
As persoas interesadas en participar nalgunha das actividades programadas deberán reservar a súa praza na páxina web www.deputacionlugo.gal ou en https://cursos.deputacionlugo.org/terrasmino_rato/; a través do correo electrónico und.medioambiente@deputacion.org e poden tamén chamar ao teléfono 982 227 813 para obter máis información. As inscricións faranse por rigorosa orde de inscrición, ata cubrir as prazas ofertadas.
Programación de actividades Terras do Miño
O calendario das 12 actividades ambientais programadas para os vindeiros meses é o seguinte. Todas as sesións celebraranse no Centro de Interpretación Terras do Miño, agás indicación contraria.
Actividades para adultos
Abril
6 de abril.- Introdución ás boas prácticas en fruticultura: o enxerto. De 10:00 a 14:00 horas. 20 prazas.
Maio
4 de maio.- Plantas que curan plantas. De 10:00 a 14:00 horas. 20 prazas.
25 e 26 de maio.- Florecendo-retratando a natureza. Día 25: de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas. Día 26: de 11:30 a 14:30 horas. 20 prazas.
Actividades para familias
Abril
27 de abril.- Micoloxía en familia. De 10:00 a 13:30 horas. 25 prazas.
Maio
11 de maio.- O furón na Reserva da Biosfera Terras do Miño. De 10:00 a 14:00 horas. 20 prazas.
Xuño
1 de xuño.- Rastros, pegadas e sinais dos animais que nos rodean. De 10:00 a 14:00 horas. 20 prazas.
3, 4, 6 de xuño.- Planetario. De 17:00 a 20:00 horas. 180 prazas. Celebrarase no Salón de Plenos da Deputación de Lugo.
5 de xuño.- Unha noite de esmorga. 17:00 a 20:00 horas. 70 prazas. Será no Salón de Plenos da Deputación de Lugo.
8 de xuño.- Libeliñas da Reserva da Biosfera Terras do Miño. De 10:00 a 14:00 horas. 20 prazas.
Actividades infantís
Abril
15, 16, 17 e 22 de abril.- ?Campamento Terras do Miño. De 10:00 a 14:00 horas. 20 prazas.
Xuño
22 de xuño.- Xincana. De 10:00 a 14:00 horas. 20 prazas. ?
24-28 de xuño.- Campamento verán Terras do Miño. De 10:00 a 14:00 horas. 20 prazas. ?
Programación de actividades nos Ancares Lucenses
Na Reserva da Biosfera Ancares Lucenses ofértanse 110 prazas para 6 actividades. O calendario para os vindeiros meses é o seguinte:
Actividades para adultos
Abril
2 de abril.- Planificación do horto primavera verán. De 16:00 a 20:00 horas. 15 prazas. Terá lugar na Escola de Barcia, en Navia de Suarna.
3 de abril.- Técnicas de enxerto e acodo (teoría e práctica). De 16:00 a 20:00 horas. 15 prazas. Celebrarase no Edificio de Servizos Múltiples de Cervantes.
Xuño
1 e 15 de xuño.- Cosmética natural. De 16:00 a 20:00 horas. 15 prazas. Terá lugar no local da Asociación Cultural O Teixeiro, en Cervantes.
3 de xuño.- Deshidratación de froitas e hortalizas. De 16:00 a 20 horas. 20 prazas. Terá lugar no Centro Social de Becerreá.
Actividades infantís
Abril
18 de abril.- Contacontos para nenos. De 17:00 a 19:00 horas. 20 prazas. Será na Escola de Barcia, en Navia de Suarna.
Xuño
25-28 de xuño.- Campamento infantil sobre actividades da natureza e reciclaxe. 25 prazas. Será no Centro Social de Becerreá.