Noticias

A Deputación participa na celebración polo Día da Árbore impulsando unha nova plantación de especies autóctonas na Reserva da Biosfera Terras do Miño

O Deputado de Medio Ambiente, Carlos López López, participou este sábado nun acto organizado pola Federación de Veciños de Lugo con motivo da celebración do Día da Árbore. Destacou o responsable provincial o compromiso coa conservación do territorio da Deputación, que impulsou neste caso a plantación de especies autóctonas na Reserva da Biosfera Terras do ...
Leer más

A Deputación repartirá 250 especies autóctonas este sábado para conmemorar o Día da Árbore

O Deputado de Medio Ambiente, Carlos López López, xunto ao Alcalde de Lugo, Miguel Fernández Méndez, e ao Presidente da Federación de Veciños Lucus Augusti, Jesús Vázquez Varela, participou este martes na Sala de Novas Tecnoloxías da Casa Consistorial de Lugo na presentación do Día da Árbore. A cita que terá lugar este sábado ás ...
Leer más

O Consello de Turismo aproba as bases dos Premios de Turismo 2026 e avanza as accións principais do ano

A Vicepresidenta do Consello Provincial de Turismo e Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, presidiu este venres a primeira reunión do ano deste órgano participativo e consultivo da Deputación de Lugo, no que se aprobaron as bases da convocatoria 2026 para os Premios de Turismo e se presentou o ...
Leer más

Las turberas de O Xistral se integran en una red de protección europea

Fuente: El Progreso Foto: El Progreso La reserva de la biosfera Terras do Miño, y de manera destacada las turberas de la Serra do Xistral, se incorporan a la red de Global Flagship Landscapes, una organización promovida por Wetlands International que es una referencia a nivel global en conservación y restauración de humedales. Se trata de un hito ...
Leer más

A Presidenta deu hoxe a benvida aos novos pequenos exploradores de Terras do Miño

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, acompañada polo Deputado de Medio Ambiente, Carlos López, recibiu na tarde deste venres no Centro de Interpretación Terras do Miño aos nenos e nenas que participan na terceira edición do programa Exploradores do Miño, unha iniciativa promovida pola institución provincial para fomentar a educación ambiental neste espazo ...
Leer más

A Deputación financia un inventario sobre os polinizadores das Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses

A Deputación de Lugo vén de financiar un inventario sobre os polinizadores das Reservas da Biosfera que xestiona, Terras do Miño e  Os Ancares Lucenses. O proxecto, a cargo da Asociación Corripa, contou con algo máis de 18.000€ da institución provincial e foi presentado a semana pasada no Foro de Conservación da Natureza do Comité ...
Leer más

A Deputación abre este venres o prazo de inscrición da terceira edición de Exploradores de Terras do Miño

A Deputación de Lugo abre este venres o prazo de inscrición da terceira edición de Exploradores de Terras do Miño, o programa gratuíto da institución provincial para formar en educación ambiental aos máis pequenos da casa. Como os anos anteriores, esta iniciativa estará dirixida a nenos e nenas de entre 6 e 11 anos, e ...
Leer más

A Deputación lanza en FITUR a súa aposta pola natureza da man do cineasta Óliver Laxe

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, presentou este venres en FITUR, xunto ao cineasta Óliver Laxe, a campaña turística da institución provincial Provincia de Lugo, Reserva Natural. Unha iniciativa que aposta pola riqueza natural do territorio lucense como eixo dun modelo turístico sostible, non masificado e vencellado ao territorio. Arrancou o acto no ...
Leer más

A Deputación presentará en Fitur a campaña Provincia de Lugo, Reserva Natural, apostando pola riqueza ambiental do territorio como eixo da súa estratexia turística

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, desprazarase esta semana a Madrid para participar na Feira Internacional de Turismo (Fitur), onde presentará oficialmente a nova campaña de promoción turística da institución provincial baixo o lema Provincia de Lugo, Reserva Natural, unha iniciativa estratéxica que sitúa a riqueza natural da provincia no centro dun modelo ...
Leer más

A Deputación abre o luns o prazo para anotarse nas primeiras 18 actividades da Reserva Terras do Miño do 2026

A Deputación de Lugo abre o vindeiro luns, 29 de decembro, o prazo de inscrición para anotarse nas primeiras 18 actividades gratuítas que organiza a institución provincial para fomentar o lecer saudable e a educación ambiental na Reserva da Biosfera Terras do Miño. O calendario, que comezará o 2 de xaneiro e estenderase ata o ...
Leer más