Noticias

A Deputación aproba triplicar este ano as axudas ao tecido asociativo das Reservas con 340.000€

A Xunta de Goberno sacou adiante unha nova convocatoria para que as entidades de Terras de Miño e Ancares poidan optar a subvencións de entre 2.000 e 12.000€ para financiar accións que promovan a posta en valor do patrimonio destes territorios Ademais deu luz verde a incrementar, nun 72%, a liña das achegas destinadas a ...
Leer más

A Deputación abre mañá o prazo para inscribirse nas novas actividades gratuítas Reserva Terras do Miño

A programación arrancará o vindeiro luns, 7 de abril, cun obradoiro de artesanía en madeira con flores secas e inclúe un total de 15 propostas de lecer saudable e educación ambiental dirixidas a un público adulto, infantil e familiar As persoas interesadas poderán formalizar a súa inscrición chamando ao 982 227 812, ao 982 305 ...
Leer más

O Presidente e o Alcalde de Lugo entregan 89 hortos no Rato “cos que seguimos a promover a agricultura ecolóxica e os hábitos de vida saudables”

Mantiveron un encontro este xoves coas persoas e entidades beneficiarias deste proxecto da Deputación “que ten moitísima demanda polo seu carácter gratuíto e polo servizo de formación que ofrecemos” Estes espazos concedidos por un período de dous anos, contan cunha dimensión de 30 metros cadrados cada un e forman parte das 140 parcelas que a ...
Leer más

A Deputación destaca a súa estratexia de xestión sostible no acto da Federación de Veciños polo Día da Árbore

– O Deputado de Medio Ambiente, Carlos López López, participou nesta xornada, que se celebrou no barrio de Galegos de Lugo, e para a cal a institución provincial colaborou achegando 18 exemplares de árbores autóctonas e 250 plantas para os asistentes O Deputado de Medio Ambiente, Carlos López López, participou este sábado no acto organizado ...
Leer más

A Deputación premiará as mellores imaxes sobre o patrimonio etnográfico das Reservas Terras do Miño e Os Ancares Lucenses cun total de 1.600 euros

A Deputación de Lugo abre o prazo para a presentación de fotografías no VIII Concurso de Fotografía das Reservas da Biosfera, unha iniciativa que ten como obxectivo poñer en valor o patrimonio etnográfico material das Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses. Os interesados teñen de prazo ata o 20 de xaneiro ...
Leer más

Arranca a mostra de distribución hostaleira L de Lugo no Pazo de Feiras co apoio da Deputación

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou este domingo na inauguración da mostra de distribución hostaleira L de Lugo. Esta iniciativa, que se consolidou en tan só catro anos e que conta deste o primeiro co apoio da Deputación, recibiu para esta edición unha achega provincial de 15.000€. ...
Leer más

Un cento de persoas participa esta semana nas Xornadas Micolóxicas que organiza a Deputación na Reserva da Biosfera Terras do Miño

O Deputado de Medio Ambiente, Carlos López, inaugurou este luns xunto ao Presidente da Sociedade Micolóxica Lucus, Julián Alonso, as Xornadas Micolóxicas que se desenvolven ata o 19 de outubro no Pazo de San Marcos polas tardes. Esta iniciativa, que se enmarca na programación gratuíta e de lecer sobre educación ambiental que desenvolve a Deputación ...
Leer más

Os residentes dos centros de maiores da Deputación participan en actividades medioambientais deseñadas para mellorar o seu benestar

Os residentes dos Centros de Atención a Maiores (CAMs) da Deputación de Lugo participan en diferentes actividades deseñadas pola institución provincial para mellorar o seu benestar físico e mental. Un herbario de plantas autóctonas, a creación dun pequeno horto con fins terapéuticos, decoración floral ou un taller de plantas aromáticas son algunhas das iniciativas postas ...
Leer más

Aberto o prazo para solicitar os 83 hortos urbanos da Deputación dispoñibles no Parque do Rato

A Deputación de Lugo ten aberto desde hoxe, martes, o prazo para solicitar os 83 hortos urbanos dispoñibles no Parque do Rato. Poden optar a estes espazos, de xeito gratuíto, as persoas maiores de idade, empadroadas nos concellos de Lugo, Castro de Rei, Castroverde, O Corgo, Friol, Guntín ou Outeiro de Rei que estean exentas ...
Leer más

A Deputación aproba unha nova convocatoria para adxudicar 83 hortos urbanos no Río Rato

A Xunta de Goberno aprobou este venres unha nova convocatoria para adxudicar un total de 83 hortos urbanos da institución provincial que quedaron dispoñibles no Paseo do Río Rato. Así o anunciou o Deputado de Promoción Económica e Social, PabloRivera Capón, trala reunión celebrada esta mañá no Pazo de San Marcos. “Trátanse da sexta fase ...
Leer más