O Vicepresidente da Deputación, Argelio Fernández Queipo, informou, este xoves dunha nova actividade medio ambiental que se realizará na Reserva da Biosfera Terras do Miño o día día 4 de maio. É unha xornada sobre educación ambiental que se levará a cabo en Castroverde.
Fernández Queipo subliñou que “dende o Goberno da Deputación continuamos apostando polas actividades a favor dunha concienciación medioambiental, pois é un dos grandes retos da sociedade actual. Son os propios veciños os que se interesan polas temáticas destes obradoiros e dende o Goberno Provincial axudamos a poñer en marcha estas iniciativas”.
Taller de educación medioambiental
Ademais, este sábado 4 de maio de 10:00 a 14:00 horas, no Concello Vello de Castroverde realizarase unha actividade sobre a educación medioambiental orientado as familias, o obradoiro recibe o nome de Xardíns verticais empregando materiais reciclados. Para este taller están dispoñibles 25 prazas e o lugar para inscribirse son as Oficinas do Concello de Castroverde.
Outras actividades
No Centro de Interpretación Terras do Miño, este sábado, realizarase de 10:00 a 14:00 horas o obradoiro Plantas que curan plantas, unha actividade que achegará aos asistentes formación sobre os métodos fitosanitarios e de control de pragas de carácter ecolóxico.