Máis de 300 persoas participarán nas 16 actividades do 1º trimestre no Centro de Interpretación Terras do Miño



As actividades están dirixidas a públicos de todas as idades, e contan con máis de 300 prazas, son todas gratuítas e realizaranse, a menos que se indique o contrario, no Centro de Interpretación no Río Rato. As inscricións están abertas na web da Deputación.

Fernández Queipo destacou que “son actividades con moi boa collida, neste 2018 que remata mais de 1.500 persoas acudiron ao Centro de interpretación para coñecer o patrimonio natural das Terras do Miño e agardamos conservar este éxito”

16 actividades con máis de 300 prazas, configuran o programa do primeiro trimestre de 2019 do Centro de Interpretación das Terras do Miño. Así o avanzou este venres o Vicepresidente da Deputación e responsable de Medio Ambiente, Argelio Fernández Queipo. Todas as actividades realizaranse, a menos que se indique o contrario, no Centro de Interpretación, son gratuítas e teñen límite de prazas, polo que é necesario a inscrición previa na web da Deputación.

Fernández Queipo afirmou que “queremos achegar a todos os veciños á natureza e ao potencial que supón ter a segunda Reserva da biosfera máis grande de toda a Península Ibérica, e que esta sirva de motor económico, social e turístico dos 26 concellos que a configuran”.

“Son actividades con moi boa collida, neste 2018 que remata mais de 1.500 persoas acudiron ao Centro de interpretación para coñecer o patrimonio natural das Terras do Miño e agardamos renovar este éxito” destacou o Vicepresidente.

As actividades deste trimestre teñen como eixo temático os traballos do inverno como a poda, a prevención de pragas ou a preparación do solo do horto. “Durante estes tres primeiros meses do ano iremos superando o inverno para desembocar na primavera, unha época que trae de novo a actividade e a vida ao noso medio e a todo o vinculado ao mesmo” explicou Fernández Queipo.

Programa
– 2 de xaneiro ás 10 horas: Decoración de Nadal. Obradoiro infantil con 25 prazas.
– 3 e 4 de xaneiro ás 10 horas: Tempo de Familia. Obradoiro infantil (de 6 a 12 anos) con 20 prazas.
– 12 de xaneiro ás 10 horas: Herbas máxicas e fabricación de ungüentos. Obradoiro para adultos con 20 prazas.
– 19 de xaneiro ás 10 horas: Poda de arbustos e árbores ornamentais. Obradoiro para adultos con 20 prazas.
– 24 de xaneiro ás 19:30 horas: Cogomelos de interesa na contorna de Lugo. Conferencia con 40 prazas.
– 26 de xaneiro ás 10 horas: Elaboración de conservas: Marmeladas. Obradoiro para adultos con 20 prazas.
– 2 de febreiro ás 10 horas: Saber de sebes: O picanzo real. Módulo I (Inverno). Actividade familiar con 20 prazas. Punto de encontro na Lagoa de Cospeito.
– 9 de febreiro ás 10 horas: iniciación ás aves acuáticas invernantes da Reserva da Biosfera Terras do Miño. Curso familiar con 20 prazas. Punto de encontro na Lagoa de Cospeito.
– 16 de febreiro ás 10 horas: Prevención e control biolóxico de pragas e enfermidades no horto. Actividade para adultos con 20 prazas.
– 23 de febreiro ás 10 horas: Cociña con plantas silvestres. Obradoiro para adultos con 20 prazas.
– 4, 5 e 6 de marzo ás 10 horas: II Entroido de Ciencia e Medio Ambiente Terras do Miño. Actividade infantil con 20 prazas.
– 9 de marzo ás 10 horas: Horta ecolóxica en terraza e balcón con materiais reciclados. Obradoiro para adultos con 20 prazas.
– 15 de marzo ás 16 horas e 16 de marzo ás 10 horas: Descubrindo a arte na natureza. Actividade familiar con 25 prazas cada día.
– 23 de marzo ás 10 horas: Xardíns ecolóxicos e verticais con materiais reciclados. Obradoiro para adultos con 20 prazas.
– 28 de marzo ás 18 horas: Preparación do solo do horto. Conferencia para adultos con 40 prazas.
– 30 de marzo ás 10 horas e ás 16 horas; e o 31 de marzo ás 11:30 horas: Natureza invernal. Curso de fotografía para adultos con 12 prazas.


This site is registered on wpml.org as a development site.