– A Deputada de Medio Ambiente presentou este mércores a nova programación de Río Rato, Centro de Interpretación Terras do Miño
– Mañá abrirá o prazo de solicitude ás 12:00 horas en www.deputacionlugo.gal e no 982 227 812. Hai 19 obradoiros e conferencias dirixidas a persoas de todas as idades
Máis de 800 persoas poderán participar nas actividades medioambientais e gratuítas da Deputación en Terras do Miño
A Deputada de Medio Ambiente, Sonsoles López Izquierdo, presentou este mércores a programación de actividades gratuítas e para persoas de todas as idades, que ofrece o organismo provincial no Centro Interpretación Terras do Miño. Poderán participar máis de 800 persoas en Río Rato, Centro de Interpretación Terras do Miño. O prazo de inscrición abrirase mañá ás 12:00 horas. As solicitude en www.deputacionlugo.gal ou no 982 227 812.
Sonsoles López destacou que “a través desta programación, fomentamos o estudo da riqueza natural e patrimonial da nosa provincia, ao tempo que impulsamos as prácticas responsables co medio ambiente”. A Deputada lembrou que “ofrecemos esta nova programación debido ao interese que espertan este tipo de iniciativas pois, o ano pasado, participaron nelas máis de 1500 persoas de todas as idades”.
López afirmou tamén que esta iniciativa ofrécelle aos cidadáns “unha alternativa lúdica e formativa a custe cero”, avanzando que a Deputación seguirá incentivando proxectos como este, que, “ademais de servirlle ós veciños como alternativa de ocio, pon de manifesto a riqueza medioambiental da nosa provincia”.
Programación
Conferencias
– O 17 de novembro de 19:00 a 21:00 horas no C.I. Terras do Miño A problemática fitosanitaria de árbores froiteiras: Especial mención a maceiras e castiñeiros impartida por María Belén Díaz Hernández. Nº de participantes: 40.
– O 15 de decembro de 19:00 a 21:00 horas no C.I. Terras do Miño Os castiñeiros e os soutos impartida por Javier Pereira-Espinel Plata. Nº de participantes: 40.
Actividades destinadas aos adultos
– O 13 de outubro de 19:00 a 21:00 horas e 15 de outubro de 10:00 a 14:00 horas no C.I. Terras do Miño o Obradoiro de Planificación do Horto-Outono Inverno. Nº de participantes: 20.
– O 18, 19, 20, 21 de outubro de 19:30-21:00 horas e o 22 de outubro 10:00 a 13:30 horas no Salón de Actos da Deputación de Lugo o Curso de Iniciación á Micoloxía. Nº de participantes: 80.
– O 25, 26, 27 e 28 de outubro de 19:30 a 21:0.0 horas e o 29 de outubro de 10:00 a 13:30 horas no Salón de actos da Deputación de Lugo o Curso: Micoloxía Nivel 2. Nº participantes: 80
– O 5 de novembro de 10:00 a 14:00 horas no C.I. Terras do Miño o Obradoiro de Maridaxe queixos galegos e cervexas artesás. Nº de participantes: 20.
– O 12 de novembro de 10:00 a 13:00 horas e 13 de novembro de 10:00 a 14:00 horas no C.I. Terras do Miño o Obradoiro de Fabricación de queixo artesá. Nº de participantes: 20.
– O 3 de decembro de 10:00 a 14:00 horas no C.I. Terras do Miño o Obradoiro de elaboración de extractos de plantas medicinais. Nº de participantes: 20.
– O 10 de decembro de 10:00 a 14:00 horas no C.I. Terras do Miño o Obradoiro de elaboración de mascarillas vexetais faciais. Nº de participantes: 20.
Actividades para as familias
– O 19 de novembro de 10:00 a 14:00 horas no C.I. Terras do Miño o Curso de Iniciación a fauna e flora da Reserva da Biosfera Terras do Miño. Modulo IV: Invertebrados e peixes. Nº de participantes: 20.
– O 26 de novembro de 10:00 a 14:00 horas no C.I. Terras do Miño o Obradoiro de alimentación consciente. Nº de participantes: 20.
– O 17 de decembro de 10:00 a 14:00 horas no C.I. Terras do Miño o Obradoiro Natureza no meu xardín. Nº de participantes: 20.
– O 26 de decembro de 18:00 a 19:00 horas no Salón de Actos da Deputación de Lugo Os contos do Medio Ambiente “A bichería canta”. Nº de participantes: 80.
– O 27 de decembro de 18:00 a 19:00 horas no Salón de Actos da Deputación de Lugo o Obradoiro para aprender a contar e aprender a escoitar. Nº de participantes: 80.
– O 28 de decembro de 18:00 a 19:00 horas no Salón de Actos da Deputación de Lugo Os contos do Medio Ambiente “Bichos nos cestos”. Nº de participantes: 80.
– O 29 de decembro de 18:00 a 19:00 horas no Salón de Actos da Deputación de Lugo Obradoiro para aprender a contar e aprender a escoitar. Nº de participantes: 80.
– O 30 de decembro de 18:00 a 19:00 horas no Salón de Actos da Deputación de Lugo Os contos do Medio Ambiente “Os contos da carricanta”. Nº de participantes: 80.
Actividades Infantís
– O 1 de outubro de 11:00 a 13:30 no C.I. Terras do Miño o O meu herbario da Reserva da Biosfera Terras do Miño. Nº de participantes: 15.
– O 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro de 10:00 a 14:00 horas no C.I. Terras do Miño os Obradoiros infantís. Nº de participantes: 20.