Noticias

O Presidente reivindica máis recursos para a Muralla no seu 25 aniversario como Patrimonio Mundial

O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, asistiu este domingo á gala que pecha os actos organizados polo Concello de Lugo con motivo do 25º aniversario da Muralla de Lugo como Patrimonio da Humanidade. Na cita que acolleu o auditorio lucense Fuxan os Ventos, o mandatario provincial aproveitou para reivindicar máis recursos para este monumento ...
Leer más

O papel das frondosas no sector forestal debátese desde hoxe nas XXXVI Xornadas Luis Asorey que patrocina a Deputación

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este luns no Salón de Actos do Pazo de San Marcos na inauguración das XXXVI Xornadas Luis Asorey, que se celebrarán ata o vindeiro 27 de novembro e contan co patrocinio da institución provincial. Esta edición, que ademais pode seguirse en directo a través ...
Leer más

O papel das frondosas no sector forestal galego centra as XXXVI Xornadas Luis Asorey que patrocina a Deputación

O Salón de Actos do Pazo de San Marcos acollerá a celebración das XXXVI Xornadas Luis Asorey que se celebrarán entre os días 17 e 27 de novembro e que este ano se centrarán no sector forestal galego: os retos, as fortalezas, as debilidades e o papel das frondosas. O evento, organizado pola Real Academia ...
Leer más

A Reserva da Biosfera Terras do Miño será imaxe do boleto da Lotería Nacional

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o Deputado de Medio Ambiente, Carlos López López, veñen de presentar a imaxe que protagonizará o boleto do sorteo da Lotería Nacional do próximo xoves 23 de outubro. O décimo inclúe unha fotografía dun enclave paisaxístico da Reserva da Biosfera Terras do Miño concretamente, do ...
Leer más

O Presidente e o Alcalde de Lugo entregan os primeiros hortos urbanos de Paxariños que agora xestiona a Deputación

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o Alcalde de Lugo, Miguel Fernández Méndez, entregaron este xoves os primeiros 22 hortos urbanos de Paxariños que, recentemente, pasou a xestionar a institución provincial a través dun acordo de colaboración entre ambas entidades que ascendeu ata os 57.000€. Estas parcelas distribúense nun espazo de ...
Leer más

A Deputación inicia o proceso para outorgar 10 hortos urbanos no Parque do Rato na RB Terras do Miño

A Voceira socialista do Goberno provincial, Pilar García Porto, informou este venres que a Deputación de Lugo vén de iniciar o proceso para outorgar 10 hortos urbanos no Parque do Rato na Reserva da Biosfera Terras do Miño. “Na Xunta de Goberno que vimos de celebrar aprobamos a apertura do prazo de presentación de solicitudes ...
Leer más

Aberto o prazo de inscrición das novas actividades nas Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses

A Deputación de Lugo abriu hoxe o prazo de inscrición para participar na nova programación das actividades gratuítas que organiza para fomentar o lecer saudable e a educación ambiental nas reservas da biosfera de Terras do Miño e Os Ancares Lucenses, Montes de Cervantes, Navia e Becerreá, xestionadas pola institución provincial. O calendario inclúe un ...
Leer más

A Deputación de Lugo, presente no Congreso Mundial de Reservas da Biosfera na China

A Deputación de Lugo está presente estes días no 5º Congreso Mundial de Reservas da Biosfera, que se celebra en Hangzhou (China) ata o 25 de setembro, un evento internacional que reúne a máis de 2.000 participantes de 136 países para definir a estratexia global en materia de conservación ambiental, desenvolvemento sostible e cooperación internacional ...
Leer más

Celebración da 24ª Reunión do Consello de Xestores da Red Española de RB no CEIDA, Oleiros (A Coruña)

O Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) acolleu os días 15 e 16 de setembro de 2025, a 24ª Reunión do Consello de Xestores da Rede Española de Reservas da Biosfera (RERB). Na inauguración desta reunión participaron D. Javier Pantoja Trigueros (Director do OAPN), Dña. Marisol Díaz Mouteira (Directora Xeral de ...
Leer más

O Presidente asina co Alcalde de Lugo un acordo para que a Deputación asuma a xestión dos 32 hortos urbanos dos Paxariños na RB Terras do Miño

O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, e o Alcalde do Concello de Lugo, Miguel Fernández Méndez, veñen de asinar na Sala de Xuntas do Pazo de San Marcos un convenio de colaboración entre ambas entidades a través do que a institución provincial asume a xestión e o mantemento dos 32 hortos urbanos dos Paxariños, ...
Leer más