Noticias

Últimas prazas dispoñibles para participar en marzo de balde no VI Campus de Emprendemento Sostible das Reservas da Biosfera

O Goberno da Deputación organiza unha nova edición de seminarios gratuítos de motivación e maduración de ideas empresariais, enmarcados dentro do VI Campus de Emprendemento Sostible. As xornadas arrincarán no mes de marzo e desenvolveranse nas dúas Reservas da Biosfera: Terras do Miño (no Centro de Interpretación Terras do Miño) e Ancares Lucenses e Montes ...
Leer más

50 escolares coñecen as árbores significativas do Centro de Interpretación Terras do Miño

50 escolares do Colexio Maristas A Inmaculada de Lugo, con idades comprendidas entre os 11 e 12 anos, están a recibir estes días formación sobre 7 árbores significativas na contorna do río Rato. O obxectivo da actividade, que se celebra en dúas sesións, entre este martes e mañá mércores 20 de febreiro, no Centro de ...
Leer más

20 persoas aprenden no Centro de Interpretación Terras do Miño alternativas sostibles para coidar o horto

20 persoas participaron este sábado no obradoiro gratuíto Prevención e control biolóxico de pragas e enfermidades no horto, que ofrece a Deputación a través das actividades medioambientais do Río Rato. A actividade consistiu en proporcionar aos participantes nocións básicas sobre alternativas ecolóxicas para controlar as pragas ou as enfermidades do horto. O Deputado de Medio ...
Leer más

14 alumnos do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes coñecen as instalacións do Mazo de Santa Comba e Terras do Miño

14 alumnos de 4º da ESO do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes de Lugo, acompañados por dous profesores do centro e dous profesores de nacionalidade húngara, coñeceron este mércores as instalacións do Mazo de Santa Comba e o Centro de Interpretación Terras do Miño, co fin de realizar un traballo fotográfico e audiovisual que ...
Leer más

20 persoas aprenderon a identificar aves acuáticas na Lagoa de Cospeito, nun obradoiro da Reserva da Biosfera

20 persoas participaron este sábado no obradoiro gratuíto Curso de iniciación ás aves acuáticas invernantes da Reserva da Biosfera Terras do Miño, que ofrece a Deputación a través das actividades medioambientais do Río Rato. A actividade, que transcorreu na Lagoa de Cospeito, consistiu na identificación das distintas especies que habitan o territorio da reserva. O ...
Leer más

54 escolares de Begonte descobren o proxecto de custodia do territorio da Reserva da Biosfera

54 escolares do CEIP Virxe do Corpiño de Begonte, con idades entre 3 e 12 anos, coñecerán máis polo miúdo as Insuas do Miño e os Ollos de Begonte a través dos paneis informativos que lles cede a Deputación a través do proxecto de xestión de custodia do territorio, co que colabora o organismo provincial. ...
Leer más

Ábrese o prazo para participar de balde no VI Campus de Emprendemento Sostible nas Reservas da Biosfera

O Goberno da Deputación abriu este venres o prazo de solicitude para participar nos Campus de Motivación e Maduración Empresarial, pertencentes ao VI Campus de Emprendemento Sostible da Deputación. Ofértanse 30 prazas, 15 en cada un dos cursos, que se celebrarán en varias sesións durante o mes de marzo de forma totalmente gratuíta para os ...
Leer más

20 persoas aprenderon a facer marmeladas cun obradoiro gratuíto no Centro de Interpretación Terras do Miño

20 persoas participaron este sábado no obradoiro gratuíto Elaboración de conservas: marmeladas, que ofreceu o Goberno da Deputación no Centro de Interpretación Terras do Miño. O curso está enmarcado dentro da programación de actividades medioambientais do Executivo Provincial para o primeiro trimestre do ano. O Vicepresidente e Deputado de Medio Ambiente, Argelio Fernández Queipo, destacou ...
Leer más

Máis dunha trintena de lucenses aprenden a identificar cogomelos co coloquio gratuíto no Centro de Interpretación Terras do Miño

32 persoas participaron este xoves no faladoiro gratuíto Cogomelos de interese na contorna de Lugo, que impartiu o micólogo e membro da Sociedade Micolóxica Lucus, José Castro, no Centro de Interpretación Terras do Miño. O coloquio está enmarcado dentro da programación de actividades medioambientais do Goberno da Deputación para o primeiro trimestre do ano. O ...
Leer más

A Deputación destaca o potencial turístico do complexo etnográfico de Santa Comba, como espazo lúdico-didáctico

O Goberno da Deputación destaca o potencial turístico do complexo etnográfico do Mazo de Santa Comba, no Concello de Lugo, dedicado á forza motriz da auga. Trátase dun enclave recuperado polo organismo provincial como un exemplo de arqueoloxía industrial. Así o sinalou o Vicepresidente e Deputado de Medio Ambiente, Argelio Fernández Queipo, quen destacou o ...
Leer más
This site is registered on wpml.org as a development site.