– O éxito de convocatoria foi tal que, en menos de 24 horas, xa están cubertas ao redor de preto de 300, ou o que é o mesmo, o 70% do total ofertado
– Entre as actividades destacan: Cultivando na casa, Viaxando ao interior do solo, O tesouro do Rato, Obradoiros de alimentación e consumo ou de cosmética natural
– No 2015, preto de 1.300 lucenses de todas as idades participaron nas actividades lúdico-medioambientais gratuítas que ofrece a Deputación
– O éxito de convocatoria foi tal que, en menos de 24 horas, xa están cubertas ao redor de preto de 300, ou o que é o mesmo, o 70% do total ofertado
– Entre as actividades destacan: Cultivando na casa; Viaxando ao interior do solo ou O tesouro do Rato ou Obradoiros de alimentación e consumo ou de cosmética natural
– No 2015, preto de 1.300 lucenses de todas as idades participaron nas actividades lúdico-medioambientais gratuítias que ofrece a Deputación
Últimas prazas para participar nas actividades gratuítas do Centro de Interpretación Terras do Miño, que ofrece a Área de Medio Ambiente da Deputación para o primeiro trimestre de 2016. O éxito de convocatoria foi tal que, en menos de 24 horas, xa están cubertas preto de 300 prazas das 430 previstas. As actividades terán lugar entre o 23 de xaneiro e o 23 de marzo. O prazo de inscrición xa está aberto. As solicitudes poden facerse chamando ao 982227812 e na web www.deputacionlugo.gal.
As actividades son as seguintes: Cultivando na casa; Viaxando ao interior do solo, O tesouro do Rato, Obradoiro Etnográfico ou manualidades medioambientais; todas elas pensadas para nenos de 6 a 12 anos. Para familias: Obradoiro Os mamíferos da Reserva da Biosfera; e outras moitas para adultos, como Obradoiro de alimentación e consumo, Cursos de poda, Obradoiro de cosmética natural, a Lúa e a súa influencia nos cultivos; obradoiro de plantas aromáticas na cociña ou curso de enxerto. Tamén haberá conferencias: Espazos protexidos na provincia de Lugo, a cargo de Javier Pereira Espinel.
Para obter máis información sobre datas, horarios e número de prazas dispoñibles para cada unha destas actividades, os interesados poden facelo na web www.deputacionlugo.gal e no teléfono 982227812.
Balance 2015
Neste último ano, 1.309 persoas de todas as idades participaron de xeito gratuíto nas 51 actividades lúdicas e medioambientais que ofreceu a Deputación de Lugo a través do Centro de Interpretación Terras do Miño. Con este completo programa lúdico-científico de actividades formativas, a Deputación busca fomentar a participación social dos cidadáns como protagonistas na xestión ambiental sostible dos espazos naturais. Os obradoiros máis demandados polos veciños e veciños, foron O coidado do horto: pragas, enfermidades e preparación de tratamentos fitosanitarios ecolóxicos, onde se trataron temas como a identificación de pragas e enfermidades nas plantas cultivadas así como as distintas formas de loitar contra elas de xeito artesanal empregando plantas.