Novas

A Deputación de Lugo conmemorará o Día Mundial do Medio Ambiente con obradoiros para nenos, unha exposición e unha conferencia sobre pragas

Os talleres de educación ambiental desenvolveranse os días 3, 4 e 6 de xuño, de 17:00 a 20:00 horas, na praza de San Marcos. Están dirixidos a nenos a partir de 6 anos, e ofrecerán actividades gratuítas sobre a elaboración de bombas de semente, decoración de testos, estampado, hoteis de insectos, e mini horta urbana ...
Ler máis

O Pazo de San Marcos, punto de encontro das entidades que traballan en custodia do territorio de Galicia

O Deputado de Medio Ambiente inaugurou este sábado unha xornada no Salón de Actos da Deputación aberto tamén aos axentes sociais e económicos que están vinculados á estratexia de conservación do territorio O organismo provincial ten en marcha dende o ano 2014 un proxecto innovador para dinamizar as zonas de alto valor ecolóxico e social ...
Ler máis

A Deputación presume de patrimonio natural na feira de turismo Expovacaciones de Bilbao

A Deputación de Lugo presume de patrimonio natural e paisaxístico na feira de turismo Expovacaciones de Bilbao que se celebra esta fin de semana. A través dun expositor informativo, a institución provincial facilita aos visitantes material divulgativo sobre a provincia e sobre as Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses e Montes ...
Ler máis

A Deputación abre o luns o prazo para anotarse nas novas actividades gratuítas nas reservas da biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses

A Deputación de Lugo abre o próximo luns, 25 de marzo, o prazo de inscrición para participar no novo programa de actividades gratuítas que organiza co obxectivo de fomentar o lecer saudable e a educación ambiental nas reservas da biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá, xestionadas ...
Ler máis

A Deputación celebra o Día da Árbore nun acto organizado pola Federación de Veciños no Rato

A Deputación de Lugo participa na celebración do día da árbore. Coa esta celebración buscase concienciar sobre o medio ambiente, a importancia da reforestación do territorio ou o coidado das zonas verdes
Ler máis

A Deputación involucra aos concellos e ao tecido asociativo no novo Plan de Xestión da Reserva Terras do Miño

O Deputado de Medio Ambiente, Carlos López, participou este xoves nas mesas sectoriais sobre medio ambiente e desenvolvemento económico da Reserva da Biosfera Terras do Miño, que se celebraron nas Aulas de Formación anexas ao Pazo de San Marcos coa participación de 8 entidades, entre concellos e asociacións. Con estes encontros, a Deputación avanza no ...
Ler máis

Rexistrado nas Insuas do Miño o morcego máis grande atopado en Galicia

Como propietaria das Insuas do Miño, a Deputación de Lugo financia os traballos de estudo e seguimento do nóctulo grande que leva desenvolvendo dende o ano 2015 Morcegos de Galicia, en colaboración coa Asociación Galega de Custodia do Territorio, no marco do acordo que a institución provincial mantén con esta última entidade asociativa para o ...
Ler máis

Aberto o prazo de solicitude das axudas da Deputación para asociacións que traballan polas Reservas da Biosfera

A Deputación de Lugo abriu este xoves o prazo de solicitude das axudas por un importe de 110.000€ que convocou para apoiar a actividade das entidades asociativas sen ánimo de lucro que estean asentadas ou que teñan o seu ámbito de actuación no territorio das reservas da biosfera Terras do Miño e os Ancares Lucenses ...
Ler máis

A Deputación organiza no Centro de Interpretación Terras do Miño un taller práctico sobre reciclaxe dirixido a docentes

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou a tarde deste mércores na inauguración do taller de Reciclaxe, Reutilización e Recuperación organizado polo Centro de Interpretación Terras do Miño, de titularidade da Deputación de Lugo. Trátase dunha formación práctica dirixida a docentes para promover o coñecemento e a conciencia ambiental nas aulas ...
Ler máis

A Deputación reedita a liña de axudas por 110.000€ para asociacións que traballan polas reservas da biosfera

A Xunta de Goberno aprobou por cuarto ano consecutivo a convocatoria de subvencións para entidades sen ánimo de lucro que desenvolvan proxectos que poñan en valor o patrimonio natural, cultural e paisaxístico de Terras do Miño e Os Ancares Lucenses, territorios recoñecidos pola UNESCO que xestiona a institución provincial Aprobada outra liña de axudas dotada ...
Ler máis