O Centro de Interpretación Terras do Miño presenta as novas actividades gratuítas que se ofertan para o 2º trimestre



O Centro de Interpretación Terras do Miño anuncia o calendario de actividades para os próximos 3 meses, tras a boa acollida do 1º trimestre, con 235 participantes

Estas actividades, destinadas a toda a familia, constan de 4 conferencias e diversas actividades para todos os públicos, adultos ou só para nenos

A participación é gratuíta, sendo preciso inscribirse na web www.deputacionlugo.org, onde atoparán información detallada sobre o contido, horarios e público de cada actividade

O Centro de Interpretación Terras do Miño presenta as novas actividades gratuítas que se ofertan para o 2º trimestre
O Centro de Interpretación Terras do Miño vén de facer público o calendario de actividades programadas para os vindeiros meses que, como é habitual, é gratuíto e pensado para participantes de todas as idades, co fin de que coñezan a riqueza da biodiversidade da provincia e as oportunidades que esta pode ofrecer ós lucenses.

Esta programación dá continuidade á liña iniciada en anteriores convocatorias, nas que actividades como as saídas ó campo espertaron un grande interese entre o público, logrando acadar a participación de máis de 1.700 persoas durante o ano pasado, e máis de 230 nos tres primeiros meses do 2014.

O calendario das actividades programadas é o seguinte:

Conferencias:
-O día 10 de abril, ás 19:30 horas, no Centro de Interpretación Terras do Miño, terá lugar a conferencia “A viaxe polar: Ártico e Antártida”, destinada a 40 persoas de todas as idades.
-O 25 de abril, ás 19:30 horas, no Centro de Interpretación Terras do Miño, “Micoloxía e Medio Ambiente”, tamén para todos os públicos e con 40 prazas dispoñibles
-O 15 de maio, ás 19:30 horas, no Centro de Interpretación Terras do Miño, celebrarase unha conferencia sobre a “Fauna representativa no Rato”, pensada para todos os públicos.
-O 12 de xuño, ás 19:30 horas, no Centro de Interpretación Terras do Miño, “Caracterización do voo forestal no Parque do río Rato”, á que poderán asistir 40 persoas de todas as idades.

Actividades para adultos:
-Os días 10, 11, 24 e 25 de maio, entre as 11:00 e 14:00 e 16:00 e as19:00 horas os sábados, e os domingos de 11:00 a 14:00 horas, no Centro de Interpretación Terras do Miño, celebrarase un curso de fotografía.
-O 31 de maio e o 7 de xuño, entre as 10:00 e 14:00 horas e 16:30 e 18:30 horas, nas instalacións do Centro celebrarase un obradoiro de “Elaboración de conservas artesanais”, no que poderán participar 20 persoas.

Actividades para toda a familia:
– O 26 de abril, entre as 10:00 e as 14:00 horas, haberá unha charla sobre “Micoloxía e medio ambiente” no Centro de Interpretación Terras do Miño.
– O día 21 de xuño, de 10:00 a 19:00 horas, terá lugar o o II Encontro de cociña solar, no Centro de Interpretación Terras do Miño.

Actividades infantís:
– O día 24 de xuño, entre as 11:30 e as 13:30 horas, no Centro de Interpretación Terras do Miño, levarase a cabo o obradoiro “Pequeno chef ecolóxico”.
– O 26 de xuño, entre as 11:30 e 13:30 horas, outro obradoiro “As moitas vidas do papel”, no Centro de Interpretación Terras do Miño.
– O 1 de xullo, entre as 11:30 e 13:30 horas, no Centro de Interpretación Terras do Miño, celebrarase a activdade “O rei da floresta, contos, música e máis”.
– O 3 de xullo, entre as 11:30 e as 13:30 horas levarase a cabo a actividade “Constrúe o teu pobo”, no Centro de Interpretación Terras do Miño.

Para obter máis información e inscribirse nas actividades, os interesados poden facelo na web www.deputacionlugo.org ou poñéndose en contacto coa Área de Medio Ambiente no 982 -227-812.


This site is registered on wpml.org as a development site.