Novas

Seis expertos analizan as posibilidades de aproveitamento da resina nunha xornada de balde promovida polas Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses

O Executivo Provincial xunto coas Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses, organizou unha xornada sobre a extracción de resina para dar a coñecer, a través da experiencia de expertos na materia, as posibilidades desta actividade económica no rural lugués O Vicepresidente destacou que a produción de resina ten un grande potencial ...
Ler máis

O Goberno da Deputación impulsa as I Xornadas Apícolas e a XXVI Feira do Mel de Lugo esta fin de semana na Reserva da Biosfera Terras do Miño

As xornadas están organizadas pola Asociación Provincial Lucense de Apicultores e contan co apoio da Deputación e da Reserva da Biosfera Terras do Miño. Serán os días 28 e 29 de setembro no Pazo de San Marcos. O domingo celebrarase a XXVI Feira do Mel na que participarán 22 apicultores Fernández Queipo sinalou o interese ...
Ler máis

A Deputación e as Reservas da Biosfera organizan este xoves unha xornada gratuíta sobre as posibilidades do aproveitamento da resina

A cita será o vindeiro xoves 27 de setembro no Salón de Actos da Deputación. As persoas interesadas en asistir poden formalizar a inscrición a través do correo und.medioambiente@deputacionlugo.org ata completar o aforo O Vicepresidente avanzou que “a extracción de resina é un sector incipiente en Galicia, que duplicará neste 2018 a súa produción, ao ...
Ler máis

O Goberno da Deputación promove a Reserva da Biosfera Terras do Miño en Castroverde con novos paneis informativos

Fíxoo cun investimento de 12.400 euros destinados en deseñar un plan que inclúe 2 paneis explicativos, formación con visitas guiadas, talleres informativos, así como un folleto interpretativo dixital do roteiro da Reserva Terras do Miño de Castroverde Fernández Queipo, Arias Fernández e Muñiz Besteiro, acompañados de veciños, supervisaron as novas dotacións, que foron impulsadas pola ...
Ler máis

A Deputación pon en valor a Vía Romana XIX colaborando cunha ruta BTT que terá lugar o sábado

O Executivo Provincial colabora coa Asociación Bike Stop Lugo na organización desta cita, para o que levou a cabo traballos de desbroce en Lugo, O Corgo e Becerreá, nas Reservas da Biosfera de Terras do Miño e Os Ancares Lucenses Rivera Capón subliñou que “esta iniciativa serve para dar a coñecer e poñer en valor ...
Ler máis

200 persoas poderán participar de balde nas novas actividades medioambientais da Deputación

– Fernández Queipo destacou que “as actividades deste terceiro trimestre están pensadas para o público infantil, por estar en período de vacacións, as actividades de xullo e agosto será para os máis cativos, en setembro retomaranse as actividades para todos os usuarios” – Identificación de cogomelos, Cultivando plantas en testos e aprendendo a regar ou ...
Ler máis

Deputación e USC impulsan o aproveitamento sustentable e a valorización da Árnica Montana nas Reservas da Biosfera de Lugo

– O proxecto, financiado con 22.700 euros, permitirá a investigadores do Campus Terra analizar a diversidade xenética desta planta medicinal e establecer parcelas de cultivo A Deputación e a USC impulsan o aproveitamento sustentable e a valorización no territorio das Reservas da Biosfera existentes na provincia de Lugo da Árnica Montana L., unha planta medicinal ...
Ler máis

En marcha o V Concurso de Fotografía das Reservas da Biosfera dotado da Deputación

– Os interesados en participar deberán presentar os seus traballos no Rexistro Provincial do Pazo de San Marcos ata o próximo 1 de setembro. As tres mellores fotografías recibirán premios en metálico de 800, 500 e 300 euros, respectivamente – Fernández Queipo subliñou que “nesta ocasión, o tema central do concurso son os usos, rituais ...
Ler máis

18 alumnos do IES San Rosendo de Mondoñedo recibiron formación en emprendemento sostible na Reserva da Biosfera Terras do Miño

– Fernández Queipo entregou este luns no salón de actos do centro de formación os diplomas aos participantes dos Campus de Emprendemento Sostible da Deputación – Os estudantes coñeceron novas tipoloxías de empresas con valores sociais e medioambientais, e afondaron sobre a viabilidade comercial, técnica, legal, medioambiental e económico-financeira das súas ideas de negocio – ...
Ler máis

Comezan as actividades medioambientais gratuítas nas Insuas do Miño

– Trátase da programación que o Executivo desenvolve na Casa das Insuas, situada no Concello de Rábade, como complemento ás actividades que se celebran no Centro de Interpretación Terras do Miño e na Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses – 36 alumnos de 4ª da ESO do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes participaron hoxe ...
Ler máis
This site is registered on wpml.org as a development site.