A Deputación apoia a comercialización do produto autóctono de Abadín na XIV Expogrelo



O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, o Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, xunto ao Alcalde de Abadín, José María López Rancaño asistiron este sábado a XIV Expogrelo de Abadín. A feira, que se desenvolveu no recinto feiral de Gontán, conta coa Indicación Xeográfica Protexida (IXP) e reuniu a unha vintena de produtores. No seu programa incluíanse degustacións, música e premios aos mellores produtores. No recinto feiral ademais de adquirir grelos púidose comprar todo tipo de produtos de tempada nos postos de alimentación e artesanía.

Campos Conde sinalou que “ apoiando esta feira fomentamos a comercialización deste produto autóctono. A celebración de Expogrelo ten efectos moi beneficiosos no Concello de Abadín e na comarca da Terra Chá, xa que xeramos riqueza e poténciamos un sector básico na provincia ”.

Os produtores puxeron á venta un total de 100 mandas, que se comercializaron a un prezo único dun euro, no que venderon en torno a uns 2.000 quilos dun alimento imprescindible en moitos pratos típicos nesta época do ano.


This site is registered on wpml.org as a development site.