Novas

Un total de 115 veciños e veciñas da provincia participan na última semana do verán do Coñece a túa provincia

Veciñas e veciños de cinco concellos da provincia participarán esta semana no programa Coñece a túa provincia da Deputación de Lugo. Son en total 115 persoas dos municipios de Cospeito, Ribeira de Piquín, Láncara, Cervantes e Begonte as que, dende este martes e ata o venres, percorrerán o territorio lucense con estas viaxes gratuítas que ...
Ler máis

A Deputación organiza no Centro de Interpretación Terras do Miño un taller práctico sobre reciclaxe dirixido a docentes

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou a tarde deste mércores na inauguración do taller de Reciclaxe, Reutilización e Recuperación organizado polo Centro de Interpretación Terras do Miño, de titularidade da Deputación de Lugo. Trátase dunha formación práctica dirixida a docentes para promover o coñecemento e a conciencia ambiental nas aulas ...
Ler máis

A Deputación ofrece no primeiro trimestre do ano 14 novas actividades de educación ambiental gratuítas con 300 prazas

A Deputación de Lugo impulsa novas actividades de educación ambiental no primeiro trimestre do ano para difundir a reserva da biosfera Terras do Miño. Entre os meses de xaneiro e marzo, o Centro de Interpretación Terras do Miño, o Centro de Interpretación da Lagoa de Cospeito e o parque Rosalía de Castro de Lugo acollerán ...
Ler máis

O Centro de Interpretación Terras do Miño acolle unha xornada sobre especies invasoras na Terra Chá

Este martes, o Centro de Interpretación Terras do Miño, acolleu a xornada sobre As especies invasoras na Terra Chá: inventario, alerta temperá e propostas de erradicación, na que participaron os biólogos e técnicos da Asociación Galega de Custodia do Territorio, Roberto Hermida Lorenzo e Martiño Cabana Otero. Este encontro, achegou aos 9 participantes a información ...
Ler máis

Continúa aberto o prazo de inscrición para a actividade Florecendo-retratando a natureza

O Vicepresidente da Deputación, Argelio Fernández Queipo, avanzou que aínda quedan prazas dispoñibles para as próximas actividades medioambientais gratuítas que se levan a cabo no Centro de Interpretación das Terras do Miño. Trátase da actividade Florecendo-retratando a natureza, un curso fotográfico que se celebrará o vindeiro 25 e 26 de maio, o sábado en horario ...
Ler máis

20 persoas aprenden no Rato alternativas ecolóxicas para crear xardíns verticais, nun obradoiro gratuíto da Deputación

20 persoas participaron este sábado no obradoiro gratuíto Xardíns ecolóxicos e verticais con materiais reciclados, que ofrece a Deputación a través das actividades medioambientais do Río Rato. O curso consistiu en proporcionar aos participantes nocións básicas sobre as distintas posibilidades ecolóxicas existentes para a construción de distintos tipos de xardíns verticais ou muros con materiais ...
Ler máis

Comeza o VI Campus de Emprendemento Sostible da Deputación, no Centro de Interpretación Terras do Miño

Un total de 11 emprendedores comezaron este luns o VI Campus de Emprendemento Sostible da Deputación, co seminario Campus de maduración da idea empresarial, que arrincou hoxe no Centro de Interpretación Terras do Miño, no Paseo do Río Rato, e que se prolongará ao longo de 4 xornadas. Estas sesións de balde son a última ...
Ler máis

20 persoas aprenden no Centro de Interpretación Terras do Miño alternativas ecolóxicas para o cultivo urbano

20 persoas participaron este sábado no obradoiro gratuíto Horta ecolóxica en terraza e balcón, que ofrece a Deputación a través das actividades medioambientais do Río Rato. O curso consistiu en proporcionar aos asistentes nocións básicas sobre alternativas ecolóxicas para a construción de camas de cultivo con materiais ecolóxicos. As actividades ambientais da Deputación teñen como ...
Ler máis

20 persoas achéganse ao método científico nun obradoiro gratuíto da Deputación no Centro de Interpretación Terras do Miño

20 persoas participan dende hoxe e ata o 6 de marzo no obradoiro gratuíto II Entroido de Ciencia e Medio Ambiente, que ofrece o Goberno da Deputación, a través das actividades medioambientais do Río Rato. A actividade, que transcorre no Centro de Interpretación Terras do Miño, consiste na realización de distintos experimentos, co fin de ...
Ler máis

20 persoas participan no Centro de Interpretación Terras do Miño no obradoiro gratuíto sobre a cociña con plantas silvestres

20 persoas participaron este sábado no obradoiro gratuíto Cociña con plantas silvestres, que ofreceu o Goberno da Deputación no Centro de Interpretación Terras do Miño, enmarcado dentro da programación de actividades medioambientais do Executivo Provincial para o primeiro trimestre do ano. O Vicepresidente e Deputado de Medio Ambiente, Argelio Fernández Queipo, destacou que “este era ...
Ler máis
This site is registered on wpml.org as a development site.