Continúa aberto o prazo de inscrición para a actividade Florecendo-retratando a natureza



O Vicepresidente da Deputación, Argelio Fernández Queipo, avanzou que aínda quedan prazas dispoñibles para as próximas actividades medioambientais gratuítas que se levan a cabo no Centro de Interpretación das Terras do Miño. Trátase da actividade Florecendo-retratando a natureza, un curso fotográfico que se celebrará o vindeiro 25 e 26 de maio, o sábado en horario de 10:00 a 14:00 horas e o domingo de 11:30 a 12:30 horas. A actividade é de carácter gratuíto e ten límite de prazas podendo asistir ata 12 alumnos.

O curso de fotografía trata de retratar a natureza coa emoción da luz, aportando conceptos teóricos para o perfeccionamento do uso da cámara e lentes, as regras da composición e o encadre na fotografía. A actividade dividirase nunha parte teórica e outra práctica con avaliación final dos traballos realizados polos participantes e selección para exposicións, os asistentes deberán levar a súa propia cámara e trípode, en caso de telo.

As persoas interesadas en participar nalgunha das actividades programadas deberán reservar a súa praza na páxina web www.deputacionlugo.gal ou en https://cursos.deputacionlugo.org/terrasmino_rato/; a través do correo electrónico und.medioambiente@deputacion.org e poden tamén chamar ao teléfono 982 227 813 para obter máis información. As inscricións faranse por rigorosa orde de inscrición, ata cubrir as prazas ofertadas.

Outras actividades
Tamén hai prazas dispoñibles para actividades familiares que terán lugar no Salón de Plenos da Deputación, celebrarase Planetario os días de 3, 4, 5 e 6 de xuño en horario de 17:00 a 20:00 horas. E o día 5 de xuño de 17:00 a 20:00 horas terá lugar Unha noite de esmorga.


This site is registered on wpml.org as a development site.