Novas

54 escolares de Begonte descobren o proxecto de custodia do territorio da Reserva da Biosfera

54 escolares do CEIP Virxe do Corpiño de Begonte, con idades entre 3 e 12 anos, coñecerán máis polo miúdo as Insuas do Miño e os Ollos de Begonte a través dos paneis informativos que lles cede a Deputación a través do proxecto de xestión de custodia do territorio, co que colabora o organismo provincial. ...
Ler máis

Ábrese o prazo para participar de balde no VI Campus de Emprendemento Sostible nas Reservas da Biosfera

O Goberno da Deputación abriu este venres o prazo de solicitude para participar nos Campus de Motivación e Maduración Empresarial, pertencentes ao VI Campus de Emprendemento Sostible da Deputación. Ofértanse 30 prazas, 15 en cada un dos cursos, que se celebrarán en varias sesións durante o mes de marzo de forma totalmente gratuíta para os ...
Ler máis

A Deputación destaca o potencial turístico do complexo etnográfico de Santa Comba, como espazo lúdico-didáctico

O Goberno da Deputación destaca o potencial turístico do complexo etnográfico do Mazo de Santa Comba, no Concello de Lugo, dedicado á forza motriz da auga. Trátase dun enclave recuperado polo organismo provincial como un exemplo de arqueoloxía industrial. Así o sinalou o Vicepresidente e Deputado de Medio Ambiente, Argelio Fernández Queipo, quen destacou o ...
Ler máis

30 alumnos do IES Terra Chá José Trapero Pardo formáronse en emprendemento sostible na Reserva da Biosfera

O Vicepresidente da Deputación e Deputado de Medio Ambiente, Argelio Fernández Queipo, mantivo un encontro este martes, no Salón de Actos do IES Terra Chá José Trapero Pardo, de Castro Riberas de Lea, cos 30 alumnos que participaron no VI Campus de Emprendemento Sostible. Xunto coa Directora e profesorado do centro, Fernández Queipo fixo entrega ...
Ler máis

4.000 persoas participaron nas actividades gratuítas da Deputación na Reserva Terras do Miño

Durante o ano 2018, celebráronse máis de 100 iniciativas coas que o Goberno busca poñer en valor este territorio e dinamizalo a nivel turístico, económico e social nos 26 Concellos que integran a reserva Fernández Queipo destacou que “dende o Goberno da Deputación desenvolvemos ao longo do ano centos de actividades relacionadas co patrimonio natural ...
Ler máis

A Deputación promove a conservación das Reservas da Biosfera cunha Xornada de Custodia do Territorio, en Rábade

O Goberno da Deputación promove a conservación das Reservas da Biosfera, coa celebración este martes da Xornada sobre custodia do territorio e conservación de espazos naturais protexidos, organizada polo organismo provincial, en colaboración coa Asociación Galega de Custodia do Territorio (AGCT). O encontro enmárcase dentro do acordo que o Executivo provincial asinou en 2014 para ...
Ler máis

Ciclistas amateurs percorren a Vía Romana XIX cunha ruta BTT entre as Reservas da Biosfera Os Ancares Lucenses e Terras do Miño

– Un grupo de ciclistas amateurs percorreron este sábado a Vía Romana XIX, unha ruta BTT organizada pola Asociación Bike Stop Lugo entre as Reservas da Biosfera Os Ancares Lucenses e Terras do Miño e que contou co apoio do Goberno da Deputación. Trátase dunha iniciativa coa que o Goberno da Deputación da a coñecer ...
Ler máis

A Deputación acolle as I Xornadas Apícolas da provincia na Reserva da Biosfera Terras do Miño

Fernández Queipo inaugurou o encontro que se prolongará na xornada de mañá, sábado, para finalizar o domingo coa tradicional Feira do Mel de Lugo, na Reserva da Biosfera Terras do Miño O Vicepresidente apuntou que “dende o Goberno da Deputación apoiamos todas aquelas iniciativas que contribúen a poñer en valor os recursos da natureza e ...
Ler máis

Os usuarios dos hortos urbanos do Rato e de Paradai celebran a primeira festa da colleita

O Vicepresidente, participou nesta iniciativa “que ten como finalidade celebrar unha xornada de convivencia entre os diferentes usuarios, co fin de que poidan intercambiar experiencias e ao mesmo tempo, poidan desfrutar dun tempo de lecer entre eles” Neste enclave de 10.000 m2, que engloba o Rato e Paradai, na Reserva da Biosfera Terras do Miño, ...
Ler máis

Seis expertos analizan as posibilidades de aproveitamento da resina nunha xornada de balde promovida polas Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses

O Executivo Provincial xunto coas Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses, organizou unha xornada sobre a extracción de resina para dar a coñecer, a través da experiencia de expertos na materia, as posibilidades desta actividade económica no rural lugués O Vicepresidente destacou que a produción de resina ten un grande potencial ...
Ler máis
This site is registered on wpml.org as a development site.