Noticias

Preto de 13.000 escolares plantan bidueiros nos colexios de Lugo, na 8ª Semana da Árbore e da Auga da Deputación

Un total de 12.848 nenos e nenas de toda a provincia plantaron este venres bidueiros nos seus colexios para pechar as actividades enmarcadas na 8ª Semana Escolar da Árbore e da Auga, que se desenvolveu estes días en 103 centros públicos de Educación Infantil e Primaria da provincia, organizada pola Deputación co obxectivo de conmemorar ...
Leer más

Novos emprendedores inician a súa formación no Campus de motivación e xeración de ideas da Reserva da Biosfera Terras do Miño

Seis novos emprendedores comezaron este mércores o VI Campus de Emprendemento Sostible da Deputación, co seminario gratuíto Campus de motivación e xeración de ideas. As sesións terán lugar ao longo de 4 xornadas no Centro de Interpretación Terras do Miño, no Paseo do Río Rato. Durante os vindeiros días, os participantes coñecerán a viabilidade dos ...
Leer más

Contratada a remodelación dos hortos do Rato e Paradai na Reserva da Biosfera Terras do Miño

O Executivo da Deputación aprobou en Xunta de Goberno a contratación dos traballos de remodelación integral dos hortos públicos do Rato e Paradai, que permitirá ofrecer 175 novos espazos accesibles, con máis servizos e nos que se promoverán prácticas agroecolóxicas. Os hortos terán novos peches, sistema de rego ou compostaxe. Terán o mesmo tamaño e ...
Leer más

Os beneficiarios dos hortos da Deputación participaron no 2º faladoiro do ano, que tratou sobre o abonado orgánico

O segundo faladoiro do ano O abonado orgánico e as emendas nas terras de cultivo, para os usuarios dos hortos da Deputación, celebrouse este xoves no Centro de Interpretación Terras do Miño, situado no paseo do Río Rato na capital luguesa. O encontro está enmarcado dentro do programa de formación de hortos urbanos posto en ...
Leer más

Comeza o VI Campus de Emprendemento Sostible da Deputación, no Centro de Interpretación Terras do Miño

Un total de 11 emprendedores comezaron este luns o VI Campus de Emprendemento Sostible da Deputación, co seminario Campus de maduración da idea empresarial, que arrincou hoxe no Centro de Interpretación Terras do Miño, no Paseo do Río Rato, e que se prolongará ao longo de 4 xornadas. Estas sesións de balde son a última ...
Leer más

20 persoas aprenden no Centro de Interpretación Terras do Miño alternativas ecolóxicas para o cultivo urbano

20 persoas participaron este sábado no obradoiro gratuíto Horta ecolóxica en terraza e balcón, que ofrece a Deputación a través das actividades medioambientais do Río Rato. O curso consistiu en proporcionar aos asistentes nocións básicas sobre alternativas ecolóxicas para a construción de camas de cultivo con materiais ecolóxicos. As actividades ambientais da Deputación teñen como ...
Leer más

20 persoas achéganse ao método científico nun obradoiro gratuíto da Deputación no Centro de Interpretación Terras do Miño

20 persoas participan dende hoxe e ata o 6 de marzo no obradoiro gratuíto II Entroido de Ciencia e Medio Ambiente, que ofrece o Goberno da Deputación, a través das actividades medioambientais do Río Rato. A actividade, que transcorre no Centro de Interpretación Terras do Miño, consiste na realización de distintos experimentos, co fin de ...
Leer más

A Deputación apoia a comercialización do produto autóctono de Abadín na XIV Expogrelo

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, o Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, xunto ao Alcalde de Abadín, José María López Rancaño asistiron este sábado a XIV Expogrelo de Abadín. A feira, que se desenvolveu no recinto feiral de Gontán, conta coa Indicación Xeográfica Protexida (IXP) e reuniu a unha vintena de produtores. No ...
Leer más

20 persoas participan no Centro de Interpretación Terras do Miño no obradoiro gratuíto sobre a cociña con plantas silvestres

20 persoas participaron este sábado no obradoiro gratuíto Cociña con plantas silvestres, que ofreceu o Goberno da Deputación no Centro de Interpretación Terras do Miño, enmarcado dentro da programación de actividades medioambientais do Executivo Provincial para o primeiro trimestre do ano. O Vicepresidente e Deputado de Medio Ambiente, Argelio Fernández Queipo, destacou que “este era ...
Leer más

Últimas prazas dispoñibles para participar en marzo de balde no VI Campus de Emprendemento Sostible das Reservas da Biosfera

O Goberno da Deputación organiza unha nova edición de seminarios gratuítos de motivación e maduración de ideas empresariais, enmarcados dentro do VI Campus de Emprendemento Sostible. As xornadas arrincarán no mes de marzo e desenvolveranse nas dúas Reservas da Biosfera: Terras do Miño (no Centro de Interpretación Terras do Miño) e Ancares Lucenses e Montes ...
Leer más
This site is registered on wpml.org as a development site.