Noticias

As Insuas do Miño acollen este venres unha noite dedicada aos morcegos na Reserva da Biosfera Terras do Miño

As Insuas do Miño acollerán este venres, 9 de outubro, unha actividade divulgativa dedicada ao coñecemento e á observación de morcegos, unha oportunidade para descubrir de preto estes mamíferos nocturnos e coñecer a súa importancia para os ecosistemas. A xornada comezará ás 19:00 horas no auditorio da Casa das Insuas de Rábade, cunha charla de ...
Leer más

A Deputación ofrece máis de 100 prazas para participar en obradoiros gratuítos de Nadal, cerámica ou poda

A Deputación de Lugo abrirá o luns, 28 de setembro, o prazo de inscrición para participar nas actividades do cuarto trimestre da Reserva da Biosfera Terras do Miño. Trátase dun total de 5 propostas de lecer saudable e educación ambiental nas que se inclúen 90 prazas para adultos e 15 para nenos. As persoas interesadas ...
Leer más

A Deputación comparte con Perú e Panamá experiencias sobre apicultura e conservación ambiental na Reserva da Biosfera Terras do Miño

O deputado de Medio Ambiente e vicepresidente do Órgano Reitor da Reserva da Biosfera Terras do Miño, Carlos López, recibiu este mércores na reserva a unha delegación de Perú e Panamá. O grupo participa nun proxecto de cooperación financiado pola Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID) que está centrado na apicultura climaticamente ...
Leer más

A Deputación reúne por primeira vez aos usuarios dos hortos do Rato e Paxariños na Festa da Colleita

A Deputación de Lugo reuniu este domingo, por primeira vez, aos usuarios dos hortos urbanos do Rato e de Paxariños, da Reserva da Biosfera Terras do Miño, na Festa da Colleita. Un encontro que organiza a institución provincial para celebrar o resultado do traballo realizado e favorecer a convivencia. O deputado de Formación, Ensino e Economía ...
Leer más

Fallados os VII Premios á excelencia do turismo e a gastronomía da provincia de Lugo

A Vicepresidenta do Consello Provincial de Turismo e Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, presidiu este venres no Pazo de San Marcos a sesión deste órgano participativo e consultivo na que se fallaron os sétimos premios á excelencia do turismo e a gastronomía da provincia. Na categoría Lugo Cambia ...
Leer más

A Deputación dá a benvida aos participantes dunha nova edición do insuaCAMP 2026

O Deputado de Medio Ambiente, Carlos López López, recibiu este luns na Casa das Insuas ás 20 persoas que participan durante esta semana no XI insuaCAMP que organiza a Asociación Galega de Custodia do Territorio e que financia a institución provincial. Trátase dunha iniciativa formativa que reúne a estudantes universitarios e persoas especializadas no estudo da biodiversidade para afondar en ...
Leer más

A Deputación destina 190.000€ para impulsar 52 proxectos nas Reservas da Biosfera

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a listaxe provisional das entidades sen ánimo de lucro que resultaron beneficiarias da primeira liña de axudas de concorrencia competitiva que convoca a institución provincial para desenvolver proxectos medioambientais nas Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses. En concreto, son 190.000€ ...
Leer más

A Deputación abre mañá o prazo para inscribirse nas actividades das Reservas da Biosfera

A Deputación de Lugo abre mañá luns, día 22 de xuño a partir das 8 da mañá, o prazo para que todas as persoas interesadas poidan inscribirse na nova programación de actividades gratuítas e de lecer que organiza a institución provincial para este terceiro trimestre do ano. O calendario inclúe 12 propostas que tratan de ...
Leer más

A Deputación sitúa a Terras do Miño como referente en biodiversidade na apertura dun foro internacional sobre turbeiras

O Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández Méndez, participou este martes na inauguración dun workshop internacional organizado polo instituto IBADER e a Universidade de Santiago de Compostela no marco do proxecto LIFE Wild Atlantic Nature, unha iniciativa europea centrada na restauración de turbeiras. O encontro reúne en Lugo a especialistas, representantes ...
Leer más

A Deputación súmase ao Día Mundial do Medio Ambiente cunha mostra fotográfica e obradoiros infantís

O Deputado de Medio Ambiente, Carlos López López, xunto aos Deputados de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, e de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias, inaugurou este venres nos corredores do Pazo de San Marcos a mostra fotográfica organizada pola institución provincial con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente. A ...
Leer más