Máis de 430 persoas poderán participar nas actividades medioambientais gratuítas da Deputación



– Trátase da programación de actividades do segundo trimestre do Centro de Interpretación Terras do Miño, deseñadas para todas as idades e totalmente de balde

– Un total de 17 actividades entre obradoiros, xornadas e conferencias completan a oferta de actividades que se levarán a cabo no paseo do Río Rato na capital luguesa. Máis información e inscricións en www.deputacionlugo.gal e no teléfono 982 22 78 12

O Deputado de Medio Ambiente, Argelio Fernández Queipo, presentou este luns a nova programación de actividades medioambientais e gratuítas que ofrece o Goberno da Deputación e nas que poderán participar máis de 430 persoas de todas as idades. Trátase das novas actividades do segundo trimestre do Centro de Interpretación Terras do Miño, situado no paseo do Río Rato na capital luguesa. Fixoi no Centro de Interpretación Terras do Miño onde visitou aos alumnos que participan no campamento urbano. Os interesados en participar poden inscribirse en www.deputacionlugo.gal e no teléfono 982 22 78 12.

Fernández Queipo subliñou que “con estas actividades buscamos achegar a natureza a todas as veciñas e veciños da provincia a través de cursos, obradoiros, conferencias ou xornadas sobre a conservación do medio ambiente e o seu coidado, unha tarefa que nos implica a todos. Precisamente, o día 5 de xuño, con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, teremos unha conferencia para tratar o tema da expansión das especies exóticas invasoras”.

Programación de actividades

O Goberno da Deputación decidiu ofrecer un total de 17 actividades nas que poderán participar máis de 430 persoas de todas as idades. A programación é a seguinte:

ABRIL

7 e 8 de abril.- Curso de fotografía. “Percibimos a natureza”, actividade para adultos, nun horario de 10:00 a 14:00 horas o sábado e de 11:30 a 14:30 horas o domingo. Hai un total de 24 prazas.

14 e 19 de abril.- O malteado dos cereais para a elaboración de cervexa artesá, actividade para adultos, nun horario de 10:00 a 14:00 horas o sábado, e de 19:00 a 21:00 horas o xoves. Hai un total de 48 prazas.

21 de abril.- Limpeza solidaria dos bosques, actividade para adultos, nun horario de 10:00 a 13:30 horas. Actividade para adultos. Hai un total de 30 prazas.

21 de abril.- Cultivando plantas en testos. “Elixindo os substratos e aprendendo a regar”, actividade para adultos, nun horario de 10:00 a 14:00 horas. Hai un total de 20 prazas.

28 de abril.- Introdución ao enxerto, unha actividade para adultos, nun horario de 10:00 a 14:00 horas. Hai un total de 20 prazas.

MAIO

3-12 de maio.- O malteado dos cereais para a elaboración de cervexa artesá, actividade para adultos, nun horario de 19:00 a 21:00 horas o xoves, e de 11:00 a 14;00 horas o sábado. Hai un total de 48 prazas.

5 de maio.- Coidando a nutrición das plantas. “Aprendendo a fertilizar”, actividade para adultos, nun horario de 10:00 a 14:00 horas. Hai un total de 20 prazas.

19 de maio.- A curuxa, Ave do ano 2018 na Reserva da Biosfera Terras do Miño, actividade familiar, nun horario de 10:00 a 14:00 horas. Hai un total de 20 prazas.

26 de maio.- Obradoiro de hotel de insectos, actividade familiar, nun horario de 10:00 a 14:00 horas. Hai un total de 20 prazas.

XUÑO

2 de xuño.- Xornada-Obradoiro. “Natureza próxima”, actividade infantil, nun horario de 10:00 a 14:00 horas. Hai un total de 20 prazas.

5 de xuño.- Conferencia. “Que facer ante a expansión silenciosa das Especies Exóticas Invasoras?”, actividade para todos os públicos, nun horario de 10:00 a 14:00 horas. Hai un total de 40 prazas.

9 de xuño.-Libeliñas da Reserva da Biosfera Terras do Miño, actividade familiar, nun horario de 19:30 a 21:00 horas. Hai un total de 20 prazas.

23 de xuño.- Xornada-Obradoiro. “Pesca e embarcacións nos ríos galegos”, actividade infantil, nun horario de 10:00 a 14:00 horas. Hai un total de 20 prazas.

25 de xuño.- Arxila Polimérica: recuperando a imaxinación, actividade infantil, nun horario de 10:00 a 14:00 horas. Hai un total de 15 prazas.

26 de xuño.- Arxila Polimérica: xogando no verán, actividade infantil, nun horario de 10:00 a 14:00 horas. Hai un total de 15 prazas.

27 de xuño.- Arxila Polimérica: baixo a carpa, actividade infantil, nun horario de 10:00 a 14:00 horas. Hai un total de 15 prazas.

28 e 29 de xuño.- Xornada-Obradoiro. “Os castros. Vida dos nosos devanceiros”, actividade infantil, nun horario de 10:00 a 14:00 horas. Hai un total de 20 prazas.

30 de xuño.- A linguaxe das nubes, actividade familiar, nun horario de 10:00 a 14:00 horas. Hai un total de 20 prazas.


This site is registered on wpml.org as a development site.