Noticias

O Presidente entrega os premios do VIII Concurso Fotográfico das Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, xunto ao Deputado de Medio Ambiente, Carlos López López, fixeron entrega este xoves no Centro de Interpretación Terras do Miño dos premiosdo VIII Concurso de Fotografía das Reservas da Biosfera, unha iniciativa coa que a institución provincial busca poñer en valor o patrimonio etnográfico material das ...
Leer más

O Presidente anuncia o inicio das obras de recuperación do Paseo do Rato cun investimento de 175.000€

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, anunciou este luns o inicio das obras de restauración da contorna do Río Rato, cun investimento superior aos 175.000 euros, tras os graves danos causados pola borrasca Olivier no pasado mes de abril neste espazo natural da Reserva da Biosfera Terras do Miño. Segundo explicou Tomé ...
Leer más

Éxito rotundo das actividades ambientais da Reserva Terras do Miño, que esgotaron case todas as prazas do 3º trimestre en só 30 minutos

A programación de actividades ambientais da Reserva da Biosfera Terras do Miño para o 3º trimestre foi todo un éxito no seu primeiro día de inscricións. A Deputación de Lugo abriu esta mañá o prazo e, en tan só 30 minutos, esgotáronse case todas as prazas ofertadas. Das 80 prazas dispoñibles, actualmente só quedan libres ...
Leer más

O Presidente conmemora o Día do Medio Ambiente cos nenos e nenas que participan nun taller organizado pola Deputación

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, acompañou este xoves ás ducias de persoas que participaron no obradoiro familiar, organizado pola institución provincial, con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente. Os cativos e cativas, acompañados polas súas familias, elaboraron diversos marcapáxinas a partir de plásticos reciclados, unha actividade de educación ambiental da ...
Leer más

A Deputación organiza un obradoiro para concienciar sobre a redución do uso de plásticos no Día Mundial do Medio Ambiente

A Deputación de Lugo organizará o día 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente, un obradoiro de educación ambiental que se inclúe na programación da Reserva da Biosfera Terras do Miño, e que está destinado a concienciar á cidadanía sobre a necesidade de reducir o consumo de plásticos, promovendo a reutilización e a creatividade. ...
Leer más

A Deputación abre o prazo para presentar candidaturas aos VI Premios á Excelencia do Turismo e da Gastronomía da provincia de Lugo

A Deputación de Lugo vén de abrir o prazo para presentar candidaturas á sexta edición dos Premios á Excelencia do Turismo e da Gastronomía da provincia de Lugo, tras a publicación no Boletín Oficial da Provincia das bases que regulan esta convocatoria. Trátase dunha iniciativa consolidada que busca recoñecer publicamente o labor de persoas, entidades ...
Leer más

A Deputación aproba o encargo a Tragsa dos traballos de recuperación da contorna do Río Rato

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres encargar á empresa pública Tragsa, medio propio da institución provincial, a execución dos traballos para a recuperación do paseo do Río Rato na Reserva da Biosfera Terras do Miño, tras os danos provocados pola borrasca Oliver. Así o informou a Voceira socialista do Goberno, ...
Leer más

O Presidente anuncia que a Deputación investirá máis de 175.000€ na restauración da contorna do Río Rato, na RB Terras do Miño

O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, anunciou este xoves que a institución provincial destinará máis de 175.000€ á restauración da contorna do Río Rato. Explicou que con motivo do “episodio meteorolóxico extremo” que viviu Lugo o pasado 11 de abril, as crecidas dos ríos Rato e Fervedoira causaron importantes estragos neste espazo natural que ...
Leer más

Apróbase a concesión definitiva dos premios do VIII Concurso de Fotografía O patrimonio etnográfico material das Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses

A Xunta de Goberno aprobou este venres a resolución do VIII Concurso de Fotografía O patrimonio etnográfico material das Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses. “Coa temática desta edición pretendíamos poñer en valor, dar a coñecer e divulgar o patrimonio etnográfico destas Reservas da Biosfera que xestiona a Deputación, é que ...
Leer más

O alumnado de Vilalba descobre as Terras do Miño no Campus de emprendemento sostible da Deputación

Marisol Morandeira saudou este mércores aos participantes do IES Basanta Silva que da man da asociación A Estruga aprenderon todo tipo de cuestións relacionadas cos cultivos sostibles, a biodiversidade e xestión dos recursos naturais A Deputada de Muller e Igualdade, MarisolMorandeiraMorandeira, participou este mércores nunha nova edición do Campus de emprendemento sostible que a Deputación ...
Leer más