Novas actividades medioambientais gratis no Centro de Interpretación de Terras do Miño da Deputación

Logo do éxito da xornada noctura do luns con 20 persoas cubrindo as prazas dispoñibles, a institución ofrece a custe cero máis actividades para persoas de todas as idades

Derradeiras 8 prazas para Os Espías Verdes, iniciativa coa que nenos de ata 11 anos descubrirán a riqueza natural no Río Rato con actividades didácticas, contos ou xogos

Aberto o prazo de solicitude en www.deputacionlugo.org. Máis información no correo und.medioambiente@deputaciónlugo.org e no 982-22-78-12

A Deputación de Lugo ofrece, ó longo deste mes e dende o Centro de Interpretación de Terras do Miño, novas actividades gratuítas para persoas de todas as idades logo do éxito de participación acadado nas xornadas esta programación celebradas ata o de agora. Mostra delo, 20 cativos e adultos cubriron as prazas dispoñibles para Noites De Lúa Chea: Natureza e Mito. Foi unha xornada noctura, que se desenvolveu este luns ás 22:00 horas ó longo do Paseo do Río Rato, que consistiu nun roteiro polo diferentes espazos naturais da zona, con paradas en puntos culturais e mitolóxicos de referencia.

Deste xeito, maña e o mércores, 23 e 24 de xullo, a Deputación ten preparada a actividade denominada Os Espías Verdes. Está dirixida ós máis cativos, concretamente, a nenos de entre 3 e 6 anos, aínda que tamén poderán participar rapaces de ata os 11 anos se o desexan. A finalidade deste proxecto, é a de espertar o interese dos máis cativos polo descubrimento dos espazos naturais, dándolle importancia a todos os elementos presentes no traxecto: auga, fungos, árbores, animais…Para elo, haberá actividades didácticas e lúdicas como contos ou xogos. Quedan dispoñibles as derradeiras 8 prazas.

Os interesados poden apuntarse entrado en www.deputacionlugo.org, picando no botón de enlace no espazo lateral dereito chamado “Actividades Medioambientais do Centro de Interpretación Terras do Miño”, onde se atopa o formulario que é preciso cubrir. Para máis información, pódese enviar un correo a und.medioambiente@deputaciónlugo.org, ou ben chamar ó teléfono 982227812.

Máis actividades do mes

Tamén continúa aberto o prazo de solicitude para as actividades que restan neste mes. Deste xeito, o luns 29 terá lugar Xoguetes Naturais, actividade pensada para cativos de entre 6 e 12 anos, que consistirá na construción de xoguetes tradicionais con materiais naturais. O martes 30 e o mércores 31, desenvolverase O Río Rato ós ollos dun científico, unha xornada na que os cidadáns poderán observar e coñecer o medio dun xeito diferente ó acostumado, empregando métodos científicos simplificados para coñecer a realidade natural, así como a interrelación dos seres vivos.


This site is registered on wpml.org as a development site.