Desde o ano 2011, o órgano de xestión da Reserva da Biosfera está integrado na Deputación de Lugo (como un órgano especial da administración sen personalidade xurídica propia), conformado por un Órgano Reitor (órgano de goberno) e un Órgano de Participación (de carácter consultivo).
TERRAS DO MIÑO
RESERVA DA BIOSFERA
XESTIÓN DA RESERVA DA BIOSFERA
ÓRGANOS DE XESTIÓN
Regulamento do órgano de xestión (BOP Lugo nº 76 – 04.04.2011)
ÓRGANO REITOR
Composición (30-06-2023)
Ordes do día das reunións
ÓRGANO DE PARTICIPACIÓN
Composición (18-06-2024)
Ordes do día das reunións
Centro de Interpretación Terras do Miño – Paseo do Rato (Lugo)
Mazo de Santa Comba
PLAN DE XESTIÓN
O Plan traza as liñas estratéxicas de acción encamiñadas a conservar o patrimonio natural da Reserva, dotar de servizos e infraestruturas aos veciños co fin de mellorar a súa calidade de vida e xerar riqueza e emprego para fixar poboación no territorio da Reserva.
Plan de Xestión da Reserva da Biosfera Terras do Miño 2024-2034
Anuncio exposición pública Plan de Xestión da RB Terras do Miño 2014-2024 (BOP nº 292 , 22-12-2023)
MEMORIAS ANUAIS DE ACTUACIÓNS
Lagoas de Cospeito
ZONIFICACIÓN
A Reserva da Biosfera Terras do Miño é unha das máis grandes da Península Ibérica, ten unha superficie de 363.752,65 ha e inclúe 26 municipios da provincia de Lugo: Abadín, Alfoz, Baralla, Begonte, Castro de Rei, Castroverde, O Corgo, Cospeito, Friol, Guitiriz, Guntín, Láncara, Lugo, Meira, Mondoñedo, Muras, Ourol, Outeiro de Rei, O Páramo, A Pastoriza, Pol, Rábade, Riotorto, O Valadouro, Vilalba e Xermade.
ZONA NÚCLEO
Integra as áreas de máis importancia para a conservación da biodiversidade do territorio, constituída fundamentalmente polos espazos naturais protexidos ZEC Parga-Ladra-Támoga e ZEC Serra do Xistral, xunto con pequenos espazos representados maioritariamente por zonas húmidas.
Ocupa unha superficie de 35.502,50 ha, o 10 % da Reserva.
A zona Núcleo represéntase en laranxa
ZONA TAMPÓN
Son áreas de menor valor de conservación que as núcleo, pero nas que é necesario preservar a configuración dos compoñentes paisaxísticos, así como a distribución territorial dos grandes tipos de hábitats naturais e seminaturais.
Abarcan un área de 79.982,44 ha que representa o 22 % da superficie total da Reserva.
A zona Tampón represéntase en verde
ZONA DE TRANSICIÓN
As zonas de transición abarcan áreas dunha elevada produtividade agrícola, gandeira e forestal e nas que se concentra a práctica totalidade da poboación que vive na Reserva. Caracterízase por unha paisaxe rural configurada por un mosaico de parcelas de labradío e prados, delimitadas por sebes arbóreas e arbustivas, xunto con pequenos bosquetes estendidos polos amplos vales e depresións que estruturan o terreo.
Inclúe unha superficie de 248.267,70 ha, un 68 % da Reserva.
A zona Transición represéntase en amarelo claro.
Visor preliminar da zonificación. (Pódese descargar a cartografía dos límites e da zonificación da Reserva da Biosfera no apartado DOCUMENTACIÓN)
MUNICIPIOS
Mapa da provincia de Lugo
Este traballo foi financiado íntegramente polos fondos Next Generation da Unión Europea a través da subvención convocada pola Xunta de Galicia “Axudas para actuacións por parte dos órganos de xestión das reservas da biosfera de Galicia con cargo ao Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para os anos 2022 e 2023”. Con todo, os puntos de vista e as opinións expresadas son unicamente os do autor ou autores e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou a Comisión Europea. Nin a Unión Europea nin a Comisión Europea son responsables delas.