Un Planetario Inchable concienciará a pequenos e maiores sobre o cambio climático na semana do Medio Ambiente



O Vicepresidente da Deputación e Deputado de Medio Ambiente en funcións, Argelio Fernández Queipo, presentou este venres a programación que organiza o ente provincial ao redor do Día Mundial do Medio Ambiente, que se celebra o próximo mércores 5 de xuño.

Fernández Queipo animou a todos os veciños a participar das actividades “ao tempo que repensamos os modelos de lecer e consumo actuais, pois necesitamos ser conscientes da nosa influencia no medio ambiente, pois todos temos que ser axentes activos na conservación do medio ambiente”.

A programación inclúe actividades para todo tipo de asistentes, desde os máis pequenos ata público máis especializado, con actividades lúdicas, conferencias, e un Planetario inchable “instalado no Salón de Plenos da Deputación, no que proxectaremos un documental sobre quecemento global, para concienciar sobre a necesidade de deter o cambio climático” explicou Fernández Queipo.

Programa

– Sábado 1
10:00 a 14:00 horas.- Obradoiro “Rastros, pegadas e sinais dos animais que nos rodean”. no Centro de Interpretación das Terras do Miño. (Prazas esgotadas)
– Luns 3, martes 4 e xoves 6:
17:00 ás 20:00 horas.- Planetario coa proxección dun documental sobre Cambio Climático, con pases cada hora desde as na Capela de Santa María.
– Martes 4:
10:30 a 13:00 horas.- Conferencia: “Especies invasoras na Terra Chá: Inventario, alerta temperá e propostas de erradicación” no Centro de interpretación das Terras do Miño.
– Mércores 5:
20:00 horas.- Teatro a cargo da Asociación Pinchacarneiros “Unha Noite de Esmorga”, ás 20:00 no Salón de Actos
– Mércores 5:
20:00 horas.- Conferencia: “Protección E Coidado Do Medio Ambiente (concienciación, vertidos, conservación de espazos naturais)” no Salón de Actos da Casa da Cultura de Outeiro de Rei.
– Sábado 8:
10:00 a 14:00 horas.- Obradoiro “Libeliñas da reserva da Biosfera Terras do Miño”. no Centro de Interpretación das Terras do Miño.

O Día Mundial do Medio Ambiente

A ONU ven celebrando desde 1974 o Día Mundial do Medio Ambiente o día 5 de xuño, coa fin de concienciar sobre a importancia da protección e a mellora do medio humano como unha cuestión fundamental que afecta ao benestar e ao desenvolvemento económico e social do mundo. Cada ano un tema centra os esforzos nun problema de relevancia ambiental, que este ano é a contaminación do aire, un grave problema que afecta a millóns de persoas no mundo, xa que 9 de cada 10 persoas están expostas a niveis de contaminación que superan límites de seguridade sinalados pola Organización Mundial da Saúde.


This site is registered on wpml.org as a development site.