Os beneficiarios dos hortos da Deputación participaron no 2º faladoiro do ano, que tratou sobre o abonado orgánico
O segundo faladoiro do ano O abonado orgánico e as emendas nas terras de cultivo, para os usuarios dos hortos da Deputación, celebrouse este xoves no Centro de Interpretación Terras do Miño, situado no paseo do Río Rato na capital luguesa. O encontro está enmarcado dentro do programa de formación de hortos urbanos posto en ...
Ler máis Últimas prazas dispoñibles para participar en marzo de balde no VI Campus de Emprendemento Sostible das Reservas da Biosfera
O Goberno da Deputación organiza unha nova edición de seminarios gratuítos de motivación e maduración de ideas empresariais, enmarcados dentro do VI Campus de Emprendemento Sostible. As xornadas arrincarán no mes de marzo e desenvolveranse nas dúas Reservas da Biosfera: Terras do Miño (no Centro de Interpretación Terras do Miño) e Ancares Lucenses e Montes ...
Ler máis 14 alumnos do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes coñecen as instalacións do Mazo de Santa Comba e Terras do Miño
14 alumnos de 4º da ESO do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes de Lugo, acompañados por dous profesores do centro e dous profesores de nacionalidade húngara, coñeceron este mércores as instalacións do Mazo de Santa Comba e o Centro de Interpretación Terras do Miño, co fin de realizar un traballo fotográfico e audiovisual que ...
Ler máis 20 persoas aprenderon a identificar aves acuáticas na Lagoa de Cospeito, nun obradoiro da Reserva da Biosfera
20 persoas participaron este sábado no obradoiro gratuíto Curso de iniciación ás aves acuáticas invernantes da Reserva da Biosfera Terras do Miño, que ofrece a Deputación a través das actividades medioambientais do Río Rato. A actividade, que transcorreu na Lagoa de Cospeito, consistiu na identificación das distintas especies que habitan o territorio da reserva. O ...
Ler máis 54 escolares de Begonte descobren o proxecto de custodia do territorio da Reserva da Biosfera
54 escolares do CEIP Virxe do Corpiño de Begonte, con idades entre 3 e 12 anos, coñecerán máis polo miúdo as Insuas do Miño e os Ollos de Begonte a través dos paneis informativos que lles cede a Deputación a través do proxecto de xestión de custodia do territorio, co que colabora o organismo provincial. ...
Ler máis Ábrese o prazo para participar de balde no VI Campus de Emprendemento Sostible nas Reservas da Biosfera
O Goberno da Deputación abriu este venres o prazo de solicitude para participar nos Campus de Motivación e Maduración Empresarial, pertencentes ao VI Campus de Emprendemento Sostible da Deputación. Ofértanse 30 prazas, 15 en cada un dos cursos, que se celebrarán en varias sesións durante o mes de marzo de forma totalmente gratuíta para os ...
Ler máis A Deputación destaca o potencial turístico do complexo etnográfico de Santa Comba, como espazo lúdico-didáctico
O Goberno da Deputación destaca o potencial turístico do complexo etnográfico do Mazo de Santa Comba, no Concello de Lugo, dedicado á forza motriz da auga. Trátase dun enclave recuperado polo organismo provincial como un exemplo de arqueoloxía industrial. Así o sinalou o Vicepresidente e Deputado de Medio Ambiente, Argelio Fernández Queipo, quen destacou o ...
Ler máis 30 alumnos do IES Terra Chá José Trapero Pardo formáronse en emprendemento sostible na Reserva da Biosfera
O Vicepresidente da Deputación e Deputado de Medio Ambiente, Argelio Fernández Queipo, mantivo un encontro este martes, no Salón de Actos do IES Terra Chá José Trapero Pardo, de Castro Riberas de Lea, cos 30 alumnos que participaron no VI Campus de Emprendemento Sostible. Xunto coa Directora e profesorado do centro, Fernández Queipo fixo entrega ...
Ler máis 4.000 persoas participaron nas actividades gratuítas da Deputación na Reserva Terras do Miño
Durante o ano 2018, celebráronse máis de 100 iniciativas coas que o Goberno busca poñer en valor este territorio e dinamizalo a nivel turístico, económico e social nos 26 Concellos que integran a reserva Fernández Queipo destacou que “dende o Goberno da Deputación desenvolvemos ao longo do ano centos de actividades relacionadas co patrimonio natural ...
Ler máis A Deputación promove a conservación das Reservas da Biosfera cunha Xornada de Custodia do Territorio, en Rábade
O Goberno da Deputación promove a conservación das Reservas da Biosfera, coa celebración este martes da Xornada sobre custodia do territorio e conservación de espazos naturais protexidos, organizada polo organismo provincial, en colaboración coa Asociación Galega de Custodia do Territorio (AGCT). O encontro enmárcase dentro do acordo que o Executivo provincial asinou en 2014 para ...
Ler máis